|
|
|
Extracto dos Estatutos da Entidade |
||||||||||||
|
CAPITULO 1 COSTITUCION, DENOMINACION, OBXETO, NATUREZA E DURACION Artigo 1.- Coa denominacion de OURENSE DIXITAL, TALLER EXPERIMENTAL DE NOVAS TECNOLOXIAS E ANIMACION SOCIOCULTURAL, constituese en Ourense (Galicia), unha Asociacion sen fin de lucro, de acordo co disposto na lexislacion vixente.Artigo 2.- Os fins desta Asociacion son, de xeito xeral, a promocion, formacion e integracion social, o entretemento dos socios e, en particular, os de promover e orgaizar actividades culturais, deportivas, musicais, audiovisuais, de telemática e infografía, comunicacions por internet, deseño gráfico aplicado, video e cinematograficas, recreativas, festivas, informativas e editoriais, de difusion radiofonica, formativas e de investigacion, informativas ou didácticas que contribuan o desenvolvemento socioeconómico e cultural ou que ofrezan solucions integradoras, asi como todas aquelas que contribuan axeitadamente o desenrolo sociocultural, sen interese lucrativo algún.Artigo 3.- Para o cumprimento dos fins do artigo anterior a Asociacion organizará as seguintes actividades:a) Posta en marcha de portais en internet baixo os dominios (xa rexistrados) de Alternativa Editorial (http://www.alternativaeditorial.com/) Ourensedixital.com (http://www.ourensedixital.com/) e Galiza Dixital (http://www.galizadixital.com/), asi como calquer outro que no futuro se estime axeitado, destiñados a ofrecer presencia en internet, de carácter gratuito e sen ánimo de lucro, a todos aqueles sectores e/ou actividades, e/ou asociacions xuvenis, culturais ou veciñais, e/ou entidades locais ou institucions, e/ou particulares (nos eidos da creatividade, da cultura ou da investigación).b) Orgaizacion de actos, encontros e demostracions c) Orgaizacion de cursos e cursiños de formacion. d) Creacion e posta en marcha dunha Emisora de Radio non comercial e dunha TV por internet, ambalas duas co obxetivo de promover e dinfundir actividades de índole socio-cultural. e) Emision con carácter divulgativo de peliculas, documentais, diapositivas e produccions audiovisuales en xeral, en formato cinematografico e video f) Creación dun taller-obradoiro itinerante para a formacion, divulgacion e produccion nos eidos das tecnoloxias dixitais (internet, informática, etc.) g) Orgaizacion de conferencias, recitais, lecturas de textos, actividades festivas e audicions musicais h) Orgaizacion de actividades recreativas, deportivas e de lecer i) O traverso de ALTERNATIVA EDITORIAL, a edicion editorial de libros de autores noveis ou emerxentes, de folletos informativos e de publicacions temáticas, tanto en formatos impresos como en formatos dixitais (PDF) j) Habilitacion dun espazo multifuncional estable para socios e convidados que conte coas instalacions e servicios necesarios para o desenrolo das actividades devanditas. k) Orgaizacion de exposicions, mostras de arte ou artesanía. l) Establecemento de marcos de colabouración e convenios con persoas, institucions, empresa pública e privada, e outros orgaismos de cara tanto a financiar a actividade sin fin de lucro da entidade como a de constituir unha bolsa laboral e outra de becas de prácticas orientada os sectores menos favorecidos da poboación. m) En xeral cantas actividades poidan desenvolverse no eido socio-cultural. Artigo 4.- A duracion desta Asociacion será por tempo ilimitado, podendo ingresar nela novos socios ou causar baixa os antigos sen necesidade de nova constitucion.Artigo 5.- O domicilio social fixase na cidade de Ourense, e provincia de Ourense.Artigo 6.- A Asociacion terá personalidade como tal dende o momento da sua inscripcion nos rexistros legales e publicos oportunos. |
||||||||||||
|
RESUMO DE CONTAS POR EXERCICIOS ANUAIS
|
||||||||||||
|
ACORDOS EXECUTIVOS Decidiuse nomear, cesando os directivos anteriores, para a Dirección Executiva de Alternativa Editorial a José G.G.Pérez, ademais de nomear como responsables das distintas áreas do staff executivo a J. Francisco González, Arantzazu Estévez, B. Carpintero, Katarina González e Felipe Hernández |
||||||||||||